Terça-feira, Março 23, 2004
OS RESULTADOS DA VOSA ENQUISA.
Pasadas as eleccións, expóñovos os resultados da enquisa que vos mesmos votastes nesta páxina.
Dun universo pouco representativo de usuarios de internet, de 21 votantes, hai unha porcentaxe alta de persoas a prol de Galicia: O 74% quere un partido que centre a súa ideoloxia no noso país, esquerda nacionalista, esquerda galeguista, dereita galeguista e dereita nacionalista -estes dous últimos con poucos votos. No caso oposto están as posturas centralistas, tanto de esquerdas como de dereitas, 0% dos votos.
Logo hai tamén votos en cantidade destacable para Outros, o cal debo interpretar como que non escollín todas nin as máis importantes ideoloxias políticas, quedandome fóra algunha delas. Esta carencia solventouse escasamente coa inclusión, a última hora e xa escomenzada a votación, dun partido de Centro o cal explica a súa baixa aceptación, 0%.Finalmente hai tamén votos, 5%, para esquerda republicana.
CONCLUSIÓNS:
Non todo o monte é ourego. O escaso número de votantes deste universo estudiado non permite extraer "conclusións concluíntes" sobre o universo de Galicia, mais creo que si sobre o tipo de xente que visita esta páxina, perdida entre as augas da internet, e o interés destes visitantes por un minúsculo pais europeo de 30.000 km2 (non é Belxica) e quizais, quero supoñer, pola súa lingua.
A palabra "eleccións" no título da enquisa debería levar dous "c". Usemos a nosa ligua con xeito.

O idioma de Galicia, Vocabularios e lexicos do carro galego, o horreo galego (con fotos), a gaita, os peixes da Galiza, comentarios e opinions extraidos da presa galega sobre a lingua de Galicia. Exercicios de lingua, castelanismos, ortografia, etc.