Domingo, Fevereiro 15, 2004
É tempo de elecións!
E debemos, niguén nos obriga, escoller un novo gobernante do Estado polos catro anos vindeiros. Digo que ninguén nos obriga por que quizais a nosa ideoloxía política non estea representada nas ideas dos candidatos, ou non claramente representada. É posibel que desexar un partido que nos ofreza outras opcións que agora mesmo non existen. Xa que logo, propóñovos a enquisa da vosa dereita. Se credes que falta algunha ideoloxía comentádemo.

Quinta-feira, Fevereiro 12, 2004
Grial Nº 160 (outubro, novembro, decembro).
Levo 2 dias lendo na revista Grial que neste número trata o controvertido tema da diversidade lingüística. Apoyándose nos artigos de diversos expertos vai debullando as ideas que agora mesmo se moen neste campo, ao tempo que derruba algúns inmutables axiomas que a mayoría da xente ten prantadas na súa mente:
-A inutilidade da diversidade.
-A imparcialidade dos lingüistas europeos cara as linguas do resto do mundo.
-A ausencia de relación entre imposición dunha lingua e colonialismo.
Sempre dende unha óptica aberta a todas as linguas do mundo, con datos e exemplos dos conflitos que existen en case calquer estado do planeta. Finalmente, remata cunha valoración das atitudes lingüística na Galiza.
Os artigos tratados son:
-A batalla das linguas no mundo actual. Teresa Moure. Prof. Lingüística na USC.
-Estandarización e cultivo das linguas. Renate Bartsch. Prof. Filosofía da linguaxe na Universidade de Ámsterdam.
-A política lingüística da Unión Europea. Miquel Strubell i Trueta. Prof. na Universidade Oberta de Catalunya.
-Atitudes lingüísticas en Galicia. Varios.
A páxina de Grial está sen actualizar e non
permite aceder aos artigos publicados, pero podedes atopala en calquer libraría.

Segunda-feira, Fevereiro 02, 2004
Bo é! Despois de varios intentos pouco exitosos conseguín subir a miña páxina á rede. http://club.telepolis.com/acabezalla/gz.htm Ten aínda un par de erros que intentarei solucionar, mais estou satisfeito co resultado acadado. Nela tratarei o tema do léxico galego, tanto con exemplos como con opinións extraídas da prensa e da internet. Visitádeme e botade un vistazo. Todo o material, as fotos e os léxicos, podédelos usar libremente. O caso é espallar o coñecemento da nosa língua. As representacións gráficas son miñas e tamén as podedes usar sen restricións. Se posuídes algún material sobre o galego que queirades expallar pola rede, facédemo saber ou enviádemo por correo, con gusto poñereino na páxina.
o correo de Aricum
A Cabezalla

o correo de Aricum
A Cabezalla

O idioma de Galicia, Vocabularios e lexicos do carro galego, o horreo galego (con fotos), a gaita, os peixes da Galiza, comentarios e opinions extraidos da presa galega sobre a lingua de Galicia. Exercicios de lingua, castelanismos, ortografia, etc.