<$BlogRSDURL$>

sexta-feira, dezembro 24, 2004

Máis Galego na rede.
No Galizionario xa temos máis de 10000 entradas, as máis delas en galego, aínda que tamén noutras linguas coma inglés, francés, alemán, español, portugués, etc. Todo isto grazas ao duro traballo de Rabalde, que fixo unha entrada masiva, máis de 7000, de artigos. Tamén, temos unha nova portada, aínda en periodo de probas.
Como xa sabedes calquera pode editar e criar novas entradas neste proxecto wiki. Ti mesmo podes probar, é sinxelo e instantáneo.

sábado, outubro 16, 2004

Dicionario Galego.
O compañeiro da wikipedia galega é o "wikcionario" que escomenzou a traballar en Maio de 2004. Este é un proxecto wiki, de libre distribución, gratuíto. Ademáis, calquera usuario pode participar introducindo entradas novas, corrixindo as existentes ou propondo ideas.
Hai que ter en conta que este proxecto leva pouco tempo na rede, apenas seis meses, e malia iso o número de entradas en moitos dicionarios de diversas linguas medra constantemente de forma diaria. O noso dicionario tamén medrou moito nestes meses, e nas "estatísticas" trimestrais dadas a coñecer en Outubro estamos situados entre os dez primeiros do mundo. Unha boa nova.


Que non decaia o ritmo!


"wikcionario galego"


sábado, julho 17, 2004

Viaxando polo espacio.
             Debido ao encerro forzado na casa tirei do DVD para pasar o tempo.
Ten, meu irmán, unha diminuta colección de películas a maioría xa as vira e outras non me atrevo( Holocausto Canibal ), mais volvín ver algunha que de vez en cando está case que obrigado.  Assim, coma anano con pistola de auga, vin "2001: unha odisea do espacio",  
"2010: Odisea dous"   e logo, por seguir co tema deille ao "O Planeta dos simios"   a primeira, a de Chaston Gheston, que non creo que perdese folgos apesares dos anos pasados (1968) .  Se tivese que poñerlles unha calificación,  quizais sería a seguinte:
O Planeta dos Macacos                      --> 7
2010: Odisea dous                              --> 8
2001: Unha Odisea do espacio          --> 9  
 Reservo a nota 10 para algunha película que aínda non decidín cal é.  Algunha suxestión?



As dúas peliculas son do ano 1968.  Ao ano seguinte Neil Armstrong pon pé na Lúa (na nosa lúa).






terça-feira, abril 13, 2004

Fin da Semana Santa.
Retornei das minivacacións en Portugal (dous días) das que disfrutei coma un neno.
Apenas me adentrei no territorio veciño, mais olhei cousas preciosas cun tempo radiante e agradabel.
Foi estupendo entablar conversaçao coa xente, moi amabel toda, e muito doado de comprenderen.
É realmente curioso ver como viven a Semana Santa, que intensidade.
En Braga puñan uma música religiosa pelas ruas que lhe daba uma ambientaçao muito inquedante e sugestiva.
Que ruas tan anchas e arboradas pra pasear!
O meu conhecemento de português é máis ben cativo, malia iso merquei o último libro de Saramago, Ensaio sobre a lucidez, que trata dunhas eleccións nas que a maioría vota en branco.
A parte de ler a Saramago, conseguín ampliar o meu portugués, aínda que non o pareza.
Realmente é moi doado de ler.
Assim que anímovos a que tentedes con algunha obra portuguesa no orixinal que é muito singelo e procura muita satisfaçao.



Esta imaxe foi tirada de Aduaneiros Sen Fronteiras, a súa última aduanada.




terça-feira, março 23, 2004

OS RESULTADOS DA VOSA ENQUISA.

Pasadas as eleccións, expóñovos os resultados da enquisa que vos mesmos votastes nesta páxina.
Dun universo pouco representativo de usuarios de internet, de 21 votantes, hai unha porcentaxe alta de persoas a prol de Galicia: O 74% quere un partido que centre a súa ideoloxia no noso país, esquerda nacionalista, esquerda galeguista, dereita galeguista e dereita nacionalista -estes dous últimos con poucos votos. No caso oposto están as posturas centralistas, tanto de esquerdas como de dereitas, 0% dos votos.
Logo hai tamén votos en cantidade destacable para Outros, o cal debo interpretar como que non escollín todas nin as máis importantes ideoloxias políticas, quedandome fóra algunha delas. Esta carencia solventouse escasamente coa inclusión, a última hora e xa escomenzada a votación, dun partido de Centro o cal explica a súa baixa aceptación, 0%.Finalmente hai tamén votos, 5%, para esquerda republicana.

CONCLUSIÓNS:
Non todo o monte é ourego. O escaso número de votantes deste universo estudiado non permite extraer "conclusións concluíntes" sobre o universo de Galicia, mais creo que si sobre o tipo de xente que visita esta páxina, perdida entre as augas da internet, e o interés destes visitantes por un minúsculo pais europeo de 30.000 km2 (non é Belxica) e quizais, quero supoñer, pola súa lingua.





A palabra "eleccións" no título da enquisa debería levar dous "c". Usemos a nosa ligua con xeito.

domingo, fevereiro 15, 2004

É tempo de elecións!
E debemos, niguén nos obriga, escoller un novo gobernante do Estado polos catro anos vindeiros. Digo que ninguén nos obriga por que quizais a nosa ideoloxía política non estea representada nas ideas dos candidatos, ou non claramente representada. É posibel que desexar un partido que nos ofreza outras opcións que agora mesmo non existen. Xa que logo, propóñovos a enquisa da vosa dereita. Se credes que falta algunha ideoloxía comentádemo.





quinta-feira, fevereiro 12, 2004

Grial Nº 160 (outubro, novembro, decembro).
Levo 2 dias lendo na revista Grial que neste número trata o controvertido tema da diversidade lingüística. Apoyándose nos artigos de diversos expertos vai debullando as ideas que agora mesmo se moen neste campo, ao tempo que derruba algúns inmutables axiomas que a mayoría da xente ten prantadas na súa mente:
-A inutilidade da diversidade.
-A imparcialidade dos lingüistas europeos cara as linguas do resto do mundo.
-A ausencia de relación entre imposición dunha lingua e colonialismo.
Sempre dende unha óptica aberta a todas as linguas do mundo, con datos e exemplos dos conflitos que existen en case calquer estado do planeta. Finalmente, remata cunha valoración das atitudes lingüística na Galiza.
Os artigos tratados son:
-A batalla das linguas no mundo actual. Teresa Moure. Prof. Lingüística na USC.
-Estandarización e cultivo das linguas. Renate Bartsch. Prof. Filosofía da linguaxe na Universidade de Ámsterdam.
-A política lingüística da Unión Europea. Miquel Strubell i Trueta. Prof. na Universidade Oberta de Catalunya.
-Atitudes lingüísticas en Galicia. Varios.


A páxina de Grial está sen actualizar e non
permite aceder aos artigos publicados, pero podedes atopala en calquer libraría.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?